A finais de 2008 púxenme a buscar en segredo un grupo de jazz que puidera amenizar o aperitivo previo á cea no Pazo a Toxeiriña. Despois de múltiples chamadas a ex-membros de grupos de jazz, consultas en bases de datos da Xunta, un contacto levoume a outro, ata o director da banda da Estrada, para posteriormente falar cun rapaz membro da banda e ex-compoñente dun grupo de jazz (e ex-cliente do Banco Gallego onde traballei), que me suxeriu que con Carlos Barruso tería o que buscaba.
Moitos coñecerano por ter sido músico na desaparecida Orquestra Canadá, onde estivo dúas décadas, practicamente dende que chegou a Galicia dende terras valisoletanas (actualmente é membro de Cinema). A outros en cambio soaralles porque toca e tocou en diversas formacións como Memorys, Carlos Barruso Quartet, os desaparecidos Canajazz, ou en conxuntos reunidos para actuacións concretas (como Black Coffee) en locais como a Nicol’s (A Estrada) ou na Senra en (Pontevea).
Biografía: Carlos Barruso inicia estudos musicais en Valladolid, chegando a ser clarinetista principal da banda de música deste lugar. Foi profesor de clarinete no Conservatorio de Valladolid. Amplía estudos no Conservatorio de Vigo acudindo a seminarios de saxo coas maiores figuras nacionais. Formou parte do profesorado da escola de música Baio de Vigo. Con outros profesores particulares profundizou no coñecemento e no manexo do saxo e o piano cunha constancia que o levou a ser un instrumentista moi cotizado e solicitado para colaboracións con grupos, orquestras e cantantes. Sirva de exemplo o feito de que ten colaborado en discos de diferentes cantantes e co octeto “Baio Ensemble” en RNE no disco “Paisajes”, e que ten actuado en varios programas de TVE como Jazz entre amigos o La buena música.
Tiña todo listo para que el con outros dous músicos (teclados e contrabaixo acústico) viñeran á Toxeiriña, pero tendo en conta que se nesa data non podía asistir el, mandaría a outro saxofonista de confianza para reemprazalo. Cousa que foi necesaria, xa que lle xurdiu unha actuación coa Orquestra Cinema esa noite en Asturias.
Carlos Barruso tamén forma parte dunha big band que se formou con instrumentistas da escola de música de Santiago na que tamén traballa e cuxo secretario e tamén profesor (Nine) foi o encargado de substituílo ao saxo no trío que tivemos na Toxeiriña.
José Nine Ces, ademais de profesor como C.Barruso en “ESTUDIO, escola de música” de Santiago, é o compositor da música do documental "Naviegos, os outros arraianos", é saxofonista do grupo de Xosé M. Budiño e do grupo "Cinnamon Gun". Ademais colabora co grupo de rock "Degüello". Gravou un vinilo co grupo "Arosa express" e un Cd con Serafín Carballo e con "Marcos Teira cuarteto".
Esperamos que vos gustara. Nós coa sesión de fotos non os puidemos desfrutar.
http://www.myspace.com/josenine
http://www.escola-estudio.com
http://www.josenine.com
Biografía: Carlos Barruso inicia estudos musicais en Valladolid, chegando a ser clarinetista principal da banda de música deste lugar. Foi profesor de clarinete no Conservatorio de Valladolid. Amplía estudos no Conservatorio de Vigo acudindo a seminarios de saxo coas maiores figuras nacionais. Formou parte do profesorado da escola de música Baio de Vigo. Con outros profesores particulares profundizou no coñecemento e no manexo do saxo e o piano cunha constancia que o levou a ser un instrumentista moi cotizado e solicitado para colaboracións con grupos, orquestras e cantantes. Sirva de exemplo o feito de que ten colaborado en discos de diferentes cantantes e co octeto “Baio Ensemble” en RNE no disco “Paisajes”, e que ten actuado en varios programas de TVE como Jazz entre amigos o La buena música.Tiña todo listo para que el con outros dous músicos (teclados e contrabaixo acústico) viñeran á Toxeiriña, pero tendo en conta que se nesa data non podía asistir el, mandaría a outro saxofonista de confianza para reemprazalo. Cousa que foi necesaria, xa que lle xurdiu unha actuación coa Orquestra Cinema esa noite en Asturias.
Carlos Barruso tamén forma parte dunha big band que se formou con instrumentistas da escola de música de Santiago na que tamén traballa e cuxo secretario e tamén profesor (Nine) foi o encargado de substituílo ao saxo no trío que tivemos na Toxeiriña.
José Nine Ces, ademais de profesor como C.Barruso en “ESTUDIO, escola de música” de Santiago, é o compositor da música do documental "Naviegos, os outros arraianos", é saxofonista do grupo de Xosé M. Budiño e do grupo "Cinnamon Gun". Ademais colabora co grupo de rock "Degüello". Gravou un vinilo co grupo "Arosa express" e un Cd con Serafín Carballo e con "Marcos Teira cuarteto".
Esperamos que vos gustara. Nós coa sesión de fotos non os puidemos desfrutar.
http://www.myspace.com/josenine
http://www.escola-estudio.com
http://www.josenine.com




Nota: No estaba seguro, me sonaba que sí...pero me han confirmado que los otros dos miembros del trío también son profesores en ESTUDIO escola de música.
ResponderEliminarSaludos!!